Infantiles
ESCOLA DE NATACIÓN
O obxectivo da nosa escola non é o simple feito da supervivencia na auga, senón a adquisición dunhas habilidades acuáticas que permitirán ao neno ou nena, por unha banda, desenvolverse no medio acuático e, por outra, utilizar a natación como actividade á hora de adquirir hábitos de vida saudables no futuro.
E para lograr este obxectivo ofrecemos:
Profesionais preparados:
O noso grupo de profesionais é capaz de atender todas as especialidades, con gran capacidade de resposta ante calquera situación, porque nos preocupamos de que estean formados na teoría e sobre todo na práctica.
Grupos reducidos:
O ratio profesor/alumno é reducido para que a progresión metodolóxica poida ser o máis adaptada posible ás individualidades.
Instalacións adecuadas:
A instalación é parte fundamental da dinámica da nosa escola. A nosa instalación está perfectamente concibida para a aprendizaxe da natación e para o desenvolvemento de todo tipo de especialidades no medio acuático.
NIVEIS
PEIXE (ENTRE 4 E 6 ANOS)
Desenvolverse e gozar do medio acuático tanto na entrada ao vaso, na superficie e polo fondo (mergullo).
PEIXE I (INICIACIÓN)
Esta etapa é a que traballamos os obxectivos da familiarización, a flotación con materiais, a respiración estática (sopridos) e dinámica sempre a través de xogos e de actividades lúdicas.
PEIXE II (PERFECCIONAMENTO)
Respiración dinámica e empezamos as propulsións en superficie e polo fondo. Comeza a autonomía na flotación.
PEIXE III
A piscina vaso de ensino. Impulsións de brazos e/ou pernas máis eficientes, autonomía nos desprazamentos sen axuda de material de aprendizaxe.
BALEA (ENTRE 7 E 9 ANOS)
BALEA I
Familiarización, flotación con materiais, respiración estática e dinámica a través de actividades lúdicas. Exercicios segmentarios de aprendizaxe, diferenciación de movementos entre pernas e brazos.
BALEA II
Conseguimos dominar os tres estilos, xiros e zambullidas de cabeza. Ademais, iniciamos o bolboreta.
TIBURÓN (ENTRE 10 E 12 ANOS)
Coñecer e mellorar a técnica dos catro estilos, desenvolverse no medio acuático en calquera situación. Tamén iniciamos outros deportes acuáticos.